Nacemento:
Morte:
Estudante, 21 anos. Veciño de Corcubión. Estudaba Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Irmán de Carlos Ramón Ballesteros e Francisco Ramón Ballesteros, tamén represores .
Falanxista. Encarcerárono en abril de 1936 pola súa belixerancia contra a II República no cárcere de Corcubión cos seus irmáns Carlos e Francisco .
Represor.
Actuou de xeito activo na persecución de persoas das esquerdas baixo as ordes do tenente da Garda Civil de Corcubión (A Coruña) Rodrigo Santos Otero para a “limpeza, pacificación e control” na retagarda, na represión extra-xudicial nas comarcas de Fisterra e Soneira no auxilio da Garda Civil.
Na compañía do falanxista de Zas (A Coruña) Manuel Blanco Suárez e o garda civil Eduardo Vizcarra Cabero detiveron a José Miñones Bernárdez, Pepe Miñones, pola posesión de libros que tacharon de “literatura y propaganda comunista, anarquista, sindicalista y socialista”. Miñones remataría asasinado.
Combateu no exército golpista e foi un dos poucos sobreviventes do Castillo de Olite.
Exerceu a medicina en Muxía e Vimianzo e en xullo de 1945 casou con María del Carmen García Otero.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.