← Volver atrás

Rodríguez González, Antonio

Alcume: Jose Iglesias Iglesias
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Vilar de Carracedo, Santiago de Carracedo, A Peroxa
(Ourense)
- 24/10/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cañizares
(Cuenca)
- 27/01/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 21 anos. Casou en Carracedo no ano 1940 con Adelaida del Río. Veciño de Langreo (Principado de Asturias), onde o seu pai tiña unha tenda de tecidos. Irmán de Eulogio Rodríguez González, encarcerado.

Militante da CNT.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Cando se produce o alzamento rebelde era soldado pola súa quinta no Rexemento de Infantería de Montaña Simancas nº 40 de Xixón (Principado de Asturias). Combateu no exército republicano e acadou o grao de comandante de batallón.

Coa caída da Fronte Norte volveu á súa terra e mantívose agochado.

Ao rematar a guerra civil dirixiu unha partida, que actuaba nos Peares e na Peroxa, na que tamén estaba o seu irmán Eulogio Rodríguez González, Salvador Gil Moure, Carolo, e Clemente-Justo Quiroga Vázquez. A Garda Civil acusounos, entre outros cargos, do asasinato dun capitán da Aviación na estrada Chantada-Monforte de Lemos, de causar outras vítimas na estrada de Ourense e do asalto a un coche da feira.

En agosto de 1941 Antonio e Eulogio marcharon para Sabadell (Barcelona) e pasaron de xeito clandestino a Francia no verán de 1944.

Encargoulle a Clemente-Justo Quiroga o axustizamento do seu compañeiro Salvador Gil Moure, morte que se produce o 07/02/1942.

Máis tarde os dous irmáns participaron na invasión do Val de Arán, integrados na 21ª Brigada, 204ª División e máis tarde na Agrupación Guerrilleira de Levante e Aragón (AGLA).

Cercados polas forzas represoras en Tragacete (Cuenca) o 13/01/1945, os irmáns Rodríguez conseguiron escapar; no enfrontamento morreran dous compañeiros. Localizáronos o seguinte día 27 en Cañizares, Antonio morreu abatido e ao seu irmán Eulogio prendérono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha