Nacemento:
Morte:
Casada co garda de asalto de 41 anos Juan Rico González; tiveron unha filla e dous fillos: Blanca (15 anos), Juan (14 anos) e Alfonso (5 anos). Veciños de Pontevedra. O seu home era capitán da Garda de Seguridade e Asalto e mandaba a 31ª Compañía en Pontevedra.
Sancionada. Exiliada.
O capitán Rico avisara ao gobernador civil, Gonzalo Acosta Pan, dos preparativos golpistas, pero o gobernador non lle prestou demasiada atención; o día 18 de xullo reuniuse coas Xuventudes Socialistas (XXSS) e dirixentes da Fronte Popular (FP) para entregarlles armas.
Ao seu home fusilárono con outras oito persoas o día 12/11/1936 na Caeira, San Salvador de Poio, Poio (Pontevedra).
Ás familias destes fusilados o 12 de novembro sancionáronas cunha multa mancomunada dun millón de pesetas, embargándolles bens e propiedades.
Morto o seu home, Blanca marchou a Porto (Portugal) cos seus fillos, onde recibía cartos da familia que tiña en México. Pasados dous anos trasladáronse a Santiago de Compostela (A Coruña) para que Juan estudase Medicina. Os seus fillos Juan e Alfonso exiliáronse en México, onde os seguiu a súa nai anos máis tarde.
A súa filla maior Blanca Rico Rodríguez, casou con Jaime Quintanilla Ulla, fillo do tamén paseado Jaime Quintanilla Martínez, alcalde de Ferrol.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.