← Volver atrás

Samper Ibáñez, Ricardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Valencia
- 25/08/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xenebra
(Suíza)
- 27/10/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 54 anos. Licenciado en Dereito en 1904 pola Universidade de Valencia.

No ano 1920 exerceu de alcalde de Valencia. Despois da proclamación da II República obtivo acta de deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 por Valencia e en 1933 volveu renovar a súa acta, xa vencellado ao Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García.

En setembro de 1933 ocupou o Ministerio de Traballo e Previsión Social nun dos gobernos de Lerroux e que só desempeñou ata o 08/10/1933. En decembro de 1933 nomeárono ministro de Industria e Comercio, que desenvolveu ata o día 28/04/1934, data na que o presidente da República, Niceto Alcalá-Zamora Torres, designouno presidente do Goberno, despois de que dimitira Lerroux porque Alcalá-Zamora se negara a asinar a amnistía dos rebeldes da "Sanjurjada". Samper dimitiu o día 04/10/1934, ao perder a confianza da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA).

Volveu sucedelo Alejandro Lerroux quen o nomeou ministro de Estado. O nomeamento de tres ministros da CEDA neste novo Goberno de Lerroux provocou a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e Samper dimite o día 16/11/1934, acusado pola CEDA de non prever os feitos revolucionarios.

Exiliado.

Despois do comezo da guerra civil abandonou España e instalouse en Suíza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha