Nacemento:
Morte:
Militar, 47 anos. Casou con María del Carmen Iglesias. Aos 19 anos ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Despois das campañas de África ascendeu a tenente coronel por méritos de guerra, sendo un dos militares africanistas.
Desde a instauración da II República mostrou a súa hostilidade ao novo réxime. Participou na Sanjurjada do 10 de agosto de 1932 e o Goberno deportouno a Villa Cisneros (Sáhara), pero a amnistía gobernamental de 1934 deixouno en liberdade vixiada en Madrid, de onde pasou a Marrocos.
Golpista. Depurado.
Uniuse aos sublevados e estivo á fronte da 3ª Columna de África coa que volveu á península. Participou en accións de guerra en Estremadura, na toma do Alcázar de Toledo e no asedio de Madrid, onde resultou ferido. En abril de 1938 ascendérono a xeneral de brigada, grao co combateu nas frontes do Ebro e de Cataluña.
Despois de ser gobernador militar de Burgos, nomeárono para o mesmo cargo en Lugo.
No ano 1943 destituírono de todos os seus cargos por “irregularidades administrativas”, por empregar vehículos militares e soldados na súa fábrica de fariñas e na reconstrución do Pazo de Adai.
Segundo Paul Preston as verdadeiras razóns foron as súas actividades pro-monárquicas.
Semella tamén que se enfrontou ás sacas dos falanxistas; defendeu á familia da José-Luis Castro Veiga, o Piloto, que traballaban as terras da súa familia, e acolleu a varios fuxidos.
Sofre un accidente de coche produto dun atentado dos falanxistas e outro atentado con bomba contra militares en Bilbao (Biscaia), tamén obra dos fascistas; entre os afectados tamén estaba o xeneral José-Enrique Varela Iglesias, Varelita, tamén con desacordos con Francisco Franco Bahamonde, desde a mesma guerra civil.
Un Tribunal Militar de Honor separouno do Exército.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.