← Volver atrás

Zelada de Andrés Moreno, Fermín

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Falanxista. Colaboracionista

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 20/11/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/01/1997 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, empresario e político, 23 anos. Casou con María del Carmen Jurado Herrera, tiveron dez fillos. Falanxista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde logo exerceu de profesor na Facultade de Dereito.

Presidente da Federación Galega de Estudantes Católicos durante a República.

A principios da década dos trinta militou na Unión Rexional de Dereitas (URD), da CEDA, en Santiago de Compostela. No ano 1934 participou na fundación de Falanxe Española (FE) en Santiago de Compostela co boticario Víctor Muñoz Baijón e a dona de Víctor, a alemá Ottilia Ulbrict Protze.

Colaboracionista.

Ao comezar a guerra civil, achábase no cárcere, alistouse no bando fascista e colaborou con Francisco Franco Bahamonde, desde Burgos, na xestión do Estado rebelde.

Era tenente auditor da Armada en 1937.

Ocupou altos cargos na administración franquista: delegado nacional de Traballo na Coruña en 1940, gobernador civil das Palmas de Gran Canaria en 1944, delegado nacional de Provincias de 1945 a 1948, procurador nas Cortes franquistas en varias lexislaturas, conselleiro nacional do Movimiento. Senador de designación real en 1977.

Vencellado ao Banco Exterior de España desde o ano 1948, ocupou o cargo de presidente de 1977 a 1982, ano no que se xubilou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha