Nacemento:
Morte:
Parella de Víctor Muñoz Baijón. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña).
Falanxista.
Mestra de alemán. Chegou a Santiago e Compostela (A Coruña) a primeiros da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja coa súa parella sentimental, o farmacéutico Víctor Muñoz. Rexentaron unha academia de idiomas e cando Víctor rematou a carreira de Farmacia abriron unha farmacia na rúa Casas Reais. Dise desta parella que introduciron o fascismo en Galicia.
Na década de 1930 o seu home fundou a sección de Falanxe Española (FE) en Santiago de Compostela con, entre outras persoas, Fermín Zelada de Andrés Moreno. Firme partidario de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, recibírono na súa farmacia o día 16/03/1935. Tesoureira da Sección Feminina.
Días despois do triunfo da Fronte Popular (FP), varios asaltantes tentaron poñerlle lume á súa farmacia e Ottilia púxoos en fuga pistola na man.
En xullo de 1936 a Víctor Muñoz arrestárono na pensión Torío, en Madrid, e asasinárono o día 06/11/1936 na mesma cidade.
Ottilia traballou de profesora de alemán na Universidade de Santiago de Compostela (USC), no Instituto Arcebispo Xelmírez e no seu propio domicilio.
Ao rematar a guerra civil presentouse en Santiago de Compostela a muller legal de Víctor Muñoz, descubríndose que Ottilia só fora a súa amante.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.