Nacemento:
Morte:
Funcionario, escritor, xornalista e político, 44 anos. Casou con Rita-Amparo López Jean; tiveron cinco fillos (o quinto morreu de bebé): María del Amparo, Ana-María, Javier e María-Teresa. Veciños da rúa Panadeiras, 21-2º, na Coruña. A súa dona Rita-Amparo morreu en Montauban (Occitania, Francia) en 1942. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Xefe de negociado de 3ª clase na Secretaría do Concello da Coruña e secretario do alcalde coruñés Manuel Iglesias Corral.
Fundou o xornal La República e dirixiu o satírico La Ciudad.
Por mor da folga xeral de 1917 rematou encarcerado no Castelo de San Antón, A Coruña.
Redactor xefe durante 18 anos de La Voz de Galicia, ata 1935, e colaborou con Democracia, Acción Coruñesa, Marineda, A Nosa Terra, Ser, Galicia e Lar.
Presidente do Partido Republicano Radical (PRR) e polo que foi candidato nas eleccións de 1931; abandonouno para militar no Partido Republicano Radical Demócrata (PRRD) e despois en Unión Republicana (UR).
Era socio e presidiu o Casino Republicano coruñés a partires do día 22/12/1935, sucedendo a Arturo Taracido Veira. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Presidiu tamén a UR da Coruña e a Liga dos Dereitos do Home.
Estivo na prisión por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Masón da loxa Pensamiento y Acción nº 11.
Fuxido. Exiliado. Depurado.
Durante a II República nomeárono gobernador civil de Soria e, durante a guerra civil, xefe da Secretaría da Delegación de Evacuación na Xunta de Defensa de Madrid. Tamén traballou no Ministerio de Estado en Barcelona e no Estado Maior do Exército de Terra.
Os franquistas destituírono como gobernador civil por "abandono".
No seu expediente personal reflíctese que foxe de Soria, o día 21/07/1936, protexido por unha parella da Garda Civil.
César figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Figura tamén, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Ao rematar a guerra española exiliouse en París onde dirixiu La Nouvelle Espagne, órgano do Goberno republicano no exilio e o xornal La República. Delegado do Consello de Galicia.
Os tribunais franquistas xulgárono e condenárono en rebeldía. Un informe policial indica que o 12/04/1941 atopábase en Francia.
Cando se produce a liberación de Francia dos nazis crease o Bloque Republicano Nacional Galego (BRNG), que mantén lazos coa Unión Nacional Española (UNE) e que preside o independente Manuel Portela Valladares. Figuran no BRNG: Santiago Casares Quiroga e Manuel Martínez-Risco Macías, de Esquerda Republicana (ER); César Alvajar Diéguez, de Unión Republicana (UR); Enrique Liste Forján, Enrique Líster, polo PCE; Luis Vidal, pola UXT e Luis Vázquez Rodríguez, polo PSOE. O Partido Galeguista (PG) non achega representantes porque tiña moi pouca forza entre os políticos no exilio.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.