Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, 18 anos. Veciño do Paraixal, Teis.
Militante do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Co golpe de Estado mobilizárono os sublevados e participou na guerra no exército franquista, do que desertou.
Prendérono os sediciosos en Zaragoza, xulgárono e estivo preso en San Juan de Mozarrifar (Zaragoza) e na Prisión Provincial de Zaragoza; deixárono en liberdade o 27/12/1943.
Novamente arrestado en 1945, logrou fuxir.
Uniuse en outubro de 1946 ao grupo de Manuel Simón Campos, Xanote, activo na área de Vigo e no sur da provincia de Pontevedra.
En novembro de 1946 incorporouse ao Destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Por este destacamento pasaron, entre outras persoas: Agustín Álvarez Araujo; Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Estanislao Cantero Izquierdo; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque; José García Molares, Maletas; Aurelio Gil Méndez; Avelino Otero Montes, Avelino; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Claudio Rodríguez Vázquez, Penís, Crispín, e Manuel Simón Campos, Xanote.
Xulgado en Pontevedra por agresión á Garda Civil, na causa 297/47.
Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Teis, detrás da Praza de Abastos.
Foi un dos últimos guerrilleiros eliminados do grupo de Xanote.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.