← Volver atrás

Ambrós Gordillo, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Fuxido. Paseado

Nacemento:

Alburquerque
(Badaxoz)
- 06/05/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Mamede de Laraxe, Cabanas
(A Coruña)
- 25/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 36 anos. Casado con Dolores Rodríguez Panjón, de San Sebastián de Devesos, Ortigueira (A Coruña), costureira; tiñan dúas fillas e dous fillos: Josefa, Manuel, Enrique e María de los Dolores. Veciños e mestre de Porto do Cabo, San Martiño de Vilarrube, Valdoviño (A Coruña) desde 1934.

Militante da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT). Concelleiro e 1º síndico de Valdoviño na corporación de 1936 por Esquerda Republicana (ER), dentro da coalición da Fronte Popular (FP), da que foi apoderado; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo.

Tiña como compañeiros da Corporación de Valdoviño en 1936, entre outras persoas, a: Frutos Burgos Ramos (alcalde), exiliado; Reinaldo Sarria Delgado, asasinado; Joaquín Pérez Garre, fuxido; José López González, procesado; Albino Dopico Gutiérrez, asasinado; José-Antonio Dopico Rodríguez, sancionado; Ramón Naveiras Soto, sancionado.

Depurado. Fuxido. Paseado.

Despois do golpe militar separárono do servizo e dérono de baixa na escala de mestres.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) o día 04/12/1936 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 368/36.

Neste xuízo condenaron á pena de 12 anos e un día de prisión a: Manuel Díaz Lagoa, José López Beceiro, José Méndez Montero, Francisco Rivera Bouza e Bernardino Rodríguez Quintiá; tamén condenaron á cadea a Andrés Vergara Bacorell e declararon fuxido a Frutos Burgos Ramos. Aparecen ademais nos autos: José Ambrós Gordillo e Manuel López González.

Fuxido no monte, diante das presións as que sometían á súa familia e a quen os acollía, entregouse.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 23/37.

No sinalado procedemento condenaron á pena de morte a: Manuel Orjales Bouza e Manuel Santalla Orjales; pasearon a José Ambrós Gordillo; declararon fuxido a José Rey Díaz e ditaron sentenza de sobresemento para Manuel Rey Díaz.

Pasou pola cadea de Ortigueira e logo polo Plus Ultra.

As testemuñas indican que o sacaron do barco con outras catro ou cinco persoas porque alguén dixera que sabían onde se agochaban as armas en Valdoviño. Leváronos a Mugardos e entregáronos a un grupo de falanxistas que os asasinaron; os represores xustificáronse indicando que tentaran fuxir e disparáronos. Os documentos do xulgado indican que apareceu morto en Ferrol.

Nesta acción pasearon, entre outras persoas, a: José Ambrós Gordillo, mestre; Manuel López González, mestre, e Manuel López López, funcionario. Manuel López González, ferido na cabeza, logrou sobrevivir.

Morte rexistrada en Ferrol a mans da forza pública franquista por ferida de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.