← Volver atrás

Aranguren Roldán, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1875 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barcelona
(Barcelona)
- 21/04/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Garda civil, 61 anos. Veciño de Valencia. Ingresou na Academia Militar aos 16 anos e logo pasou ao Corpo da Garda Civil. Loitou na Guerra de Marrocos. Coronel en 1929. Pai do tenente da Garda Civil e represor en Ribadeo (Lugo), Juan Aranguren Ponte.

Cando se proclamou a II República era o xefe superior da Policía en Madrid. Dirixiu o Colexio de Gardas Mozos Duque de Ahumada. Meses despois trasladárono a A Coruña como xefe do Terzo da Garda Civil. Ascendérono a xeneral de brigada o día 31/03/1936 e enviárono a Barcelona para mandar a 5ª zona da Garda Civil, onde tiña ás súas ordes ao entón coronel Antonio Escobar Huerta, a quen ao remate da guerra tamén fusilaron.

Algúns historiadores indican que pertencía á Unión Militar Española (UME).

Executado.

Non quixo sumarse ao golpe dos sublevados, negándolle aos xenerais Manuel Goded Llopis e Álvaro Fernández Burriel o apoio da Garda Civil aos rebeldes. A estes dous xenerais arrestáronos e fusiláronos despois do fracaso da rebelión en Barcelona. Nesta capital catalá puxo as súas tropas ao servizo da República.

Posteriormente integrouse na Garda Nacional Republicana. Mandou a IV División Orgánica por un tempo e, logo dos sucesos de maio de 1937, substituíno Sebastián Pozas Perea. José Aranguren pasou a desenvolver a Comandancia Militar de Valencia ata o remate da guerra.

Nos últimos días da contenda negouse a abandonar a España republicana ao considerar que se remitira a cumprir co seu deber. Cando as forzas sediciosas entraron en Valencia, a finais de marzo, detivérono o día 10/04/1939 no consulado de Panamá e trasladárono a Barcelona.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Barcelona co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado ás 05:00 h no Campo da Bola, Castelo de Montjuic, Barcelona e soterrado nunha fosa común no cemiterio de Montjuic.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha