← Volver atrás

Ares Bouza, Ramiro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Parga, Santiago de Boebre, Pontedeume
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 28 anos. Veciño de Santiago de Boebre, Pontedeume (A Coruña). Fillo de Filomena Bouza Castro. Tiña tres irmáns: José-María, Manuel-José e Antonio.

Membro da Sociedade Labrega de Boebre e os seus lugares.

Terceiro tenente de alcalde de Pontedeume.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos rebeldes formouse o Comité de Defensa da República de Pontedeume, no que coinciden, entre outras persoas, o alcalde Manuel Seijo López, Celestino Sardiña Navarro, de Esquerda Republicana (ER) e delegado do Goberno Civil, Luis Nodar Castro, concelleiro de Pontedeume polo PSOE, Ramiro Ares Bouza, membro da Sociedade Labrega de Boebre e os seus lugares, Ángel García Toribio, rexistrador e presidente de ER, e Juan Ares López, tamén de ER, concelleiro e tenente de alcalde na mesma localidade; ordenaron a requisa de armas para enfrontarse aos golpistas.

Acusado de ser un dos instigadores da resistencia republicana na vila de Pontedeume.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha