← Volver atrás

Bernárdez Santaclara, José

Alcume: Pasarín
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Bueu
(Pontevedra)
- 14/02/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 31/07/1993 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, zapateiro, futbolista, poeta e sindicalista, 30 anos. Casou en 1931 con Alcira Palmeiro Arosa; tiveron cinco fillas. Veciños da Canceliña, en Bueu. De mozo traballou como mariñeiro, ata que o deixou por problemas da columna e pasou a ser zapateiro. Nos anos vinte foi xogador da selección galega.

Militante da UXT e conselleiro e secretario da sociedade El Adelanto Marinero. Mediador sindical. Concelleiro de Bueu.

Encarcerado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar detivérono os rebeldes.

O día 03/09/1936 detiveron por reunión clandestina aos sindicalistas: Salvador Barreiro Cestay, mariñeiro; José Bernárdez Santaclara, zapateiro; Eugenio Dios González, mecánico; Jesús Malvido Menduiña, carpinteiro; Francisco Padín Novas, mariñeiro; Manuel Pais Refojos, mecánico, e José Rivero Novas, zapateiro.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de adhesión á rebelión, o día 22/12/1936, co resultado de sentenza a cadea perpetua e accesoria de inhabilitación absoluta segundo unha resolución do día 22/12/1936.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O día 16/05/1937 ingresou no Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra).

O día 01/03/1939 enviárona á Prisión Central de Cuéllar (Segovia).

O día 05/09/1940 pasou a prisión atenuada e, en decembro de 1942, conmutáronlle a pena na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de catro anos de prisión menor.

Deixárono en liberdade o día 05/12/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha