Nacemento:
Morte:
Tiña 28 anos. Casada con Ubaldo Blanco Cao e nai de Gloria Blanco Blanco, encarcerada e exiliada.
Encarcerada. Exiliada.
Despois do golpe militar sofre persecución por axudar e dar acubillo a guerrilleiros antifranquistas. O seu home tamén foi obxecto de persecución, malos tratos e, finalmente, asasinado polos falanxistas.
A Gloria detivérona coa súa filla Gloria Blanco e estivo nos cárceres de Quiroga (Lugo), onde a torturaron de xeito terrible ata case a morte e despois na de Ourense. Posta en liberdade sería, de novo, perseguida e denunciada. Marchou a Madrid e despois a Burgos.
Semella que militou na UXT e no Socorro Rojo Internacional (SRA) en Madrid.
Xulgada en consello de guerra en Ourense na causa 382/48.
Volveu á Petín despois duns anos e, outra vez acosada, decidiu marchar cara o exilio coa súa filla Gloria e outro fillo, Waldo; pasaron a Barcelona, onde se reuniron co mozo da súa filla, Odilo Fernández Rodríguez, o Blas, e con Roberto López Rodríguez, Paxariño, cos que atravesaron os Pireneos por Andorra nunha viaxe de cinco días; chegaron a Francia o día 20/04/1952. Waldo, un pequeno de seis anos, quedara en Barcelona cunha veciña de Freixido.
En Francia casou con Roberto López Rodríguez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.