← Volver atrás

Caamaño Villaverde, Ángel-Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santa Mariña de Parada, Ordes
(A Coruña)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 08/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 26 anos. Solteiro. Veciño de Cee (A Coruña). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e graduouse no ano 1935. Mestre nacional de Santo Adrán de Toba, Cee.

Executado.

No momento do alzamento sedicioso estaba de vacacións en Parada e prendérono os fascistas en Ordes o día 29/07/1936.

Xulgado en consello de guerra o día 22/12/1936 en Santiago de Compostela polos delitos de traizón e de rebelión militar, na causa 230/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Procesaban neste xuízo a vinte veciños de Ordes.

Condenaron á pena de morte neste xuízo a: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, José García Fernández, José de la Iglesia Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; castigaron a cadea perpetua a Salvador Grela Veiras e a 12 anos e un día a Manuel del Río Botana.

Acusado de antirrelixioso, de comunista e de ensinar a cantar a Internacional aos seus discípulos.

Asasinado camiño do cemiterio de Boisaca cando o conducían para que o fusilaran e tentou a fuxida na rúa do Franco. Tiroteado por un sentinela, morreu ao instante.

O día 08/02/1937 fusilaron no cemiterio de Boisaca (Santiago de Compostela), 11 veciños de Ordes, sentenciados á pena de morte neste xuízo: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, mestre; José García Fernández, mestre; José de la Iglesia Vilariño, labrego; Manuel Moure Rey, labrego; Andrés Nogareda, xornaleiro; Paulino Pérez García, mecanógrafo; José Pérez Sanmartín, latoeiro; os irmáns José del Río Pampín, barbeiro, e Manuel del Río Pampín, carteiro; José Vázquez Mandayo, xornaleiro, e Benito Vilariño Liste, xornaleiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha