← Volver atrás

Cadavid Caamaño, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 02/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 40 anos. Casado con Josefa Botana Gómez; tiveron unha filla: Carmen. Veciños do Grove, vivían no Pazo do Sineiro. Médico do Grove

Deputado provincial no ano 1924. Líder local de Esquerda Republicana (ER).

Executado.

Prendérono os franquistas despois do golpe de Estado de xullo de 1936.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento xulgaron a: Jacobo Barral Otero, mestre; Ángel Cadavid Caamaño, médico; Jacobo Otero Goday, médico; Miguel Mandías Merino, pintor; José Prol Figueiro, mariñeiro, e Manuel Puente Iglesias, funcionario.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilado ás 07:30 h en Pontevedra, na estrada de Campañó.

Ese día 2 de decembro fusilaron a esa hora e no quilómetro 1 da estrada a Campañó, as seguintes persoas: Ángel Cadavid Caamaño, médico; José-Gabriel Cespón Pazos, zapateiro; José Crespo Torres, funcionario Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre; José Prol Figueiro, mariñeiro; Manuel Puente Iglesias, funcionario, e Manuel Vázquez Cruz, mecánico.

Á familia impúxoselle unha multa de dous millóns de pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha