Nacemento:
Morte:
Encarcerado. Fuxido. Morte en enfrontamento.
Os franquistas enviárono a redimir pena á explotación mineira das Minas do Moro, en Fabero (León).
Na noite do 25 ao 26 de decembro de 1942 evadiuse desta explotación mineira con Amadeo Ramón Valledor, o Asturiano, Ramón, e Domingo Villar Torres, Domingo da Cancela, contando coa axuda da guerrilla.
Despois de perderse na fuga, integrouse no grupo de Serafín Fernández Ramón, o Santeiro, o Fillo do Santeiro, curmán de Amadeo.
Desde os primeiros meses de 1946 ocupou o cargo de xefe da terceira guerrilla da I Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
O día 08/04/1946 a súa partida atopábase en Tejeira, un dos lugares con más apoios da FG. Sabedores por un enlace da próxima emboscada da Garda Civil, o grupo deuse á fuga pero non atoparon a Gerardo para informalo do perigo. No posterior combate e canto tentaba fuxir, os gardas mataron a Gerardo Canedo.
Procesárono en León na causa 80/38, na causa 110/43, na causa 518/43 e na causa 163/46.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.