Nacemento:
Morte:
Funcionaria, 30 anos. Compañeira do Gobernador Civil da Coruña logo do triunfo da Fronte Popular (FP), Francisco Pérez Carballo, fusilado en Punta Herminia, na Coruña, o 24/07/1936 e co que casara o día 23/03/1936. Veciños da Coruña. Licenciada en Filosofía e Letras en Madrid. Do Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos.
Cando se produce o intento de golpe de Estado do 18/19 de abril de 1936, que lideraban os oficiais da Garda Civil Benito de Haro Lumbreras e José Rañal Lorenzo, acompañou a Madrid ao brigada da Garda Civil, Albino Torres Liste, para que informara destes feitos dos sublevados ao presidente do Goberno, Santiago Casares Quiroga.
Encarcerada. Paseada.
Cando se produce o golpe de Estado mantívose ao lado do seu home no Goberno Civil e aconsellou a detención das familias dos militares sublevados. Pérez Carballo decidiu manterse dentro da legalidade. Cando as cousas se complicaron no pazo de goberno, Juana marchou á casa duns amigos na rúa Real, na Coruña.
Agochada en Culleredo (A Coruña), na casa do deputado de Esquerda Republicana (ER), Victorino Veiga González, a quen logo depuraron. Detida e logo posta en liberdade. Detivérona de novo as brigadas da represión en Culleredo, cando estaba en estado; perdeu ao seu fillo mentres permaneceu na prisión.
Paseada nun traslado da Garda Civil. Na noite do 17 ao 18 de agosto de 1936 detívoa a Garda Civil que a entregou a un grupo de falanxistas que a asasinaron de madrugada, despois de tela violado.
Morte rexistrada a causa de disparos de arma de fogo no peito e na cabeza.
O seu cadáver apareceu no Monte da Gándara, no quilómetro 526 da estrada de Madrid-A Coruña, a 1 quilómetro de Rábade, cos peitos cortados e as bragas na boca.
Paseada, violada e cribada a balazos. Soterrárona, completamente núa por orde do delegado de Orde Pública, no cemiterio de Rábade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.