← Volver atrás

Castro Calvelo, Ricardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 19/04/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Veracruz
(México)
- 04/01/1975 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 35 anos. Casado con Josefina-Eloisa Alonso Leira; tiveron un fillo. Ingresou na Armada no ano 1918. Maquinista naval da Armada. Eran oito irmáns. En 1936 tiña o destino como tenente de máquinas, 3º oficial de máquinas, no buque acoirazado Jaime I.

Exiliado.

O comandante do Jaime I cando se produce o golpe de Estado era o capitán de navío Joaquín García del Valle, que non se puxo do lado dos rebeldes. O capitán de corveta Carlos Aguilar-Tablada Tejón era o oficial do buque máis afín ao levantamento militar e, aínda que estaba de permiso, logrou embarcar en Vigo (Pontevedra) antes de que o barco saíra cara Cádiz no cumprimento da orde do Goberno republicano para facer fronte aos rebeldes.

O día 20 de xullo a mariñeiría leal, avisada polo tenente de máquinas Ricardo Castro das intencións da oficialidade golpista de facerse co barco, decidiu tomar o barco diante das sospeitas de que os oficiais uníranse aos rebeldes e despois de recibir ordes desde o Goberno de Madrid. Os oficias Carlos Aguilar-Tablada Tejón, José Cañas Arce, José-María Otero Goyanes e Carlos Falquina García de Pruneda fixeron fronte coas súas armas desde a ponte do acoirazado; morreron Aguilar-Tablada e Cañas Arce e os outros dous, Otero Goyanes e Falquina, feridos no enfrontamento.

Cando chegaron a Tánxer (Marrocos) os mariñeiros deixaron en liberdade aos oficiais republicanos Tomás Acción Golpe, o comandante de máquinas e xefe de máquinas do acoirazado Benito Sacaluga Rodríguez, o capitán médico José A. Solana Gutiérrez-Solana e o tenente maquinista Ricardo Castro Calvelo.

No desenvolvemento da guerra acadou o grao de capitán maquinista. En novembro de 1938 destinárono a Barcelona.

Finalizada a contenda española exiliouse en Francia en febreiro de 1939 e pasou polo campo de concentración de Argelès-sur-Mer.

Chegou a Veracruz o día 13/06/1939 no buque Sinaia. Estableceuse en Ciudad de México, casou con Inés Fernández-Bada e morreu en Veracruz de cancro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.