Nacemento:
Morte:
Labrego, 41 anos. Casado con Elisa Álvarez; tiñan un fillo e tres fillas: Juan-Antonio, Longina, Candelas e Milagros; a súa dona morrería no derradeiro parto. Veciños do Cazapedo. Pai de Longina Cereijo Álvarez, a que encarceraron por mor da súa fuxida.
Pertencía a Agrupación Socialista (AS) de Manzaneda, sendo vogal do seu Comité Executivo. Tamén era militante da UXT.
Fuxido. Encarcerado.
Aínda que era das dereitas e relixioso, despois do golpe militar tivo que fuxir ao monte para escapar dos falanxistas de Trives.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 745/41, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
No monte incorpórase á Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) e ingresou no grupo que comandaba Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo, que operaba na zona e Ourense e do que fora enlace.
Dirixiu un grupo guerrilleiro, con Mario Rodríguez Losada, o Langullo, o Pinche, Sebastián Rodríguez López e Jesús Quiroga Arias, o Chucho, que actuaba por Quiroga, Manzaneda e Trives, nas serras da Queixa, San Mamede e Cabeza de Manzaneda. Realizaban sabotaxes, ataques aos fascistas e represión de colaboradores e delatores, sobre todo curas e falanxistas.
Ao remate da guerra civil os seus tres fillos maiores, por mor da fuxida do seu pai, pasaron polo campo de concentración de Figueras (Principado de Asturias), onde estiveron uns meses prendidos.
Mantiñan relación cos portugueses da oposición a Antonio de Oliveira Salazar e tamén co grupo de Manuel Girón Bazán, Girón, co que mantiveron reunións en Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
No verán de 1941 uniuse a esta partida Edelmiro Alonso García, Delmiro.
Detivérono os represores o día 22/07/1948 no Barco de Valdeorras (Ourense) por mor dunha delación dun axente infiltrado na guerrilla.
Xulgado en consello de guerra en Ourense co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Pasou varios anos na Prisión Provincial de Ourense e, despois, na Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria).
Sae en liberdade condicional en outubro de 1959.
A súa familia sufriu rexistros e incautacións.
Procesárono por responsabilidades políticas no expediente 261/38 de Ourense.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.