← Volver atrás

Chamorro Castro, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastre, 18 anos. Veciño da Coruña.

Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL).

Fuxido. Encarcerado.

Participou na resistencia ao golpe militar de xullo de 1936.

Agochado cos anarquistas Fernando Caamaño Pérez e Jesús Rodríguez na casa da rúa Atocha Alta, 56 baixo, na Coruña, propiedade de Basilisa Álvarez González. O día 18/07/1937 as forzas represoras descubriron este agocho e detiveron a Chamorro. Os outros 3, incluída Basilisa, puideron fuxir por unha fiestra.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 861/37, co resultado de sentenza a 19 anos e un día de prisión.

Xulgárono con Basilisa Álvarez González, declarada fuxida e en rebeldía.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha