Nacemento:
Morte:
Obreira, 40 anos. Solteira. Veciña da rúa Atocha Alta, 2, baixo, na Coruña. Muller moi humilde que de moza se adicara á prostitución e despois á venda de peixe, traballo que desenvolvía no ano 1936.
Libertaria, pertencía á Sección de Empacadoras do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP), da CNT, na que foi delegada; tamén estivo vencellada á agrupación Mujeres Libres.
Fuxida. Encarcerada. Sancionada.
Despois do alzamento militar colaborou na rede de apoio aos fuxidos. Na súa casa da Atocha Alta estiveron agochados os anarquistas Fernando Caamaño Pérez, Antonio Chamorro Castro, que participaran na resistencia no momento do alzamento, e Jesús Rodríguez. Tívoos agochados ata o día 18/07/1937, data na que os descubriron e asaltaron a casa as forzas represoras. A Chamorro prendérono, mentres que Basilisa e os outros dous puideron fuxir por unha fiestra.
Procesada na causa 861/37 contra Antonio Chamorro Castro co resultado de ser declarada fuxida e en rebeldía e con orde de busca e captura.
Xulgárona con Antonio Chamorro Castro, condenado a 19 anos e un día de cadea.
Despois disto Basilisa pasou a vivir clandestinamente co nome de Sofía Rodríguez. Andou por aldeas e montes pedindo esmola ata que volveu á Coruña para agocharse na Gaiteira, na casa da viúva Emilia Calderón.
Colaborou na tentativa da fracasada fuga desde A Coruña da traiñeira Tres Hermanos, o día 24/07/1938, acción pola que a prenderon no outono de 1938. Nesta acción tamén detiveron a José Pacios Franco, da CNT, encarcerado.
Xulgada na Coruña en consello de guerra o día 16/11/1938 acusada de adhesión e auxilio á rebelión, na causa 566/38, co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.
Neste procedemento condenaron a cadea perpetua a: Antonio González Doldán, Santiago Maquieira Mareque, Alfredo Molina Navaza e José Pacios Franco; pena de 20 anos de cadea para Basilisa Álvarez González; cárcere por 15 anos para Antonio Varela Peteiro e pena de prisión de 12 anos e un día para os irmáns: Jesús Peña Penelas e Manuel Peña Penelas.
En outubro de 1939 achábase na Prisión Provincial da Coruña.
O día 22/06/1940 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, na causa 249/40, castigouna cunha multa de 50 pesetas, que non se puideron cobrar por carecer de bens. No mesmo procedemento tamén multaron a Alfredo Molina Navaza con 50 pesetas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.