← Volver atrás

Molina Navaza, Alfredo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 42 anos. Casado con Alicia Fariña Mesa; tiñan un fillo. Veciños da rúa da Galera, 31-4º, na Coruña. Barqueiro no porto da Coruña.

Socio do Casino Republicano. Militante da CNT.

Encarcerado. Sancionado.

Acusado polos franquistas de esquerdista, partidario da Fronte Popular (FP), afiliado á CNT e dado a "todo lo que vaya contra la autoridad".

Despois do triunfo da sublevación militar figuraba nos informes da policía represora como unha persoa perigosa. Noutro informe figura como unha persoa presa e posta en liberdade. Outro informe indica que está sen capturar.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de adhesión e auxilio á rebelión, na causa 566/38, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 16/11/1938.

Neste procedemento condenaron a cadea perpetua a: Antonio González Doldán, Santiago Maquieira Mareque, Alfredo Molina Navaza e José Pacios Franco; pena de 20 anos de cadea para Basilisa Álvarez González; cárcere por 15 anos para Antonio Varela Peteiro e pena de prisión de 12 anos e un día para os irmáns: Jesús Peña Penelas e Manuel Peña Penelas.

En outubro de 1939 achábase na Prisión Provincial da Coruña.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Xulgado o día 22/06/1940, no expediente 249/40, polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña co resultado de multa de 50 pesetas. No mesmo procedemento a Basilisa Álvarez González tamén a sancionaron con 50 pesetas de multa. A Molina Navaza indultárono no ano 1960.

Faleceu aos 50 anos por mor dunha anxina de peito.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha