← Volver atrás

González Doldán, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Castro de Elviña, A Coruña
- 01/01/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 30/05/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e barqueiro, 51 anos. Casado con Carmen López Corgo; tiveron cinco fillos. Veciños da rúa da Torre, 136, na Coruña. Pai do deputado nacional Emilio González López, exiliado; de Antonio González López, paseado, e de Fernando González López, en paradoiro descoñecido desde 1940. Tamén traballou como empregado de Alfándegas e na Compañía Transatlántica. A finais da II República era conserxe do Servizo Antituberculoso.

Librepensador, anticlerical e gran lector.

Militante da CNT e membro do Sindicato da Industria do Transporte.

Presidente do Ateneo Obreiro e membro do Centro de Estudos Sociais Germinal.

No ano 1933 militaba no Partido Republicano Galego (PRG) e era presidente no seu distrito terceiro na Coruña. En febreiro de 1936 fixo campaña electoral a favor da Fronte Popular (FP).

Depurado. Encarcerado. Sancionado.

Os fascistas acusárono de “significado elemento izquierdista, defensor del Frente Popular, acompañado sempre de xente de ideoloxía marxista...”.

En agosto de 1937 depurárono suspendérono de emprego e soldo na Inspección Provincial de Sanidade.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de adhesión á rebelión e auxilio á rebelión, na causa 566/38, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 16/11/1938.

Neste procedemento condenaron a cadea perpetua a: Antonio González Doldán, Santiago Maquieira Mareque, Alfredo Molina Navaza e José Pacios Franco; pena de 20 anos de cadea para Basilisa Álvarez González; cárcere por 15 anos para Antonio Varela Peteiro e pena de prisión de 12 anos e un día para os irmáns: Jesús Peña Penelas e Manuel Peña Penelas.

Depurado en agosto de 1937 coa suspensión de emprego e soldo.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

En outubro de 1939 estaba ingresado na Prisión Provincial da Coruña.

Sancionado no expediente 249/40 cunha multa de 500 pesetas no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña. Indultárono pouco despois.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.