← Volver atrás

Pacios Franco, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Villaverde de la Abadía, Carracedelo
(León)
- 14/10/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ponferrada
(León)
- 08/11/2008 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Forxador do ferro, 29 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños da Coruña. Traballara no ferrocarril A Coruña-Santiago de Compostela e logo ofrecéronlle traballo nun taller metalúrxico na capital herculina.

Tesoureiro en 1936 do Sindicato de Metalúrxicos da CNT. Membro do Ateneo Libertario Nueva Era da Coruña.

Encarcerado. Exiliado.

O día 24/07/1938, cando tentaba fuxir desde A Coruña na traiñeira Tres Hermanos co apoio de El Despertar Marítimo, prendérono os franquistas. Nesta operación tamén prenderon a Basilisa Álvarez González, colaborara da fuga e despois encarcerada.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 16/11/1938 polo delito de adhesión á rebelión, na causa 566/38, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste procedemento condenaron a cadea perpetua a: Antonio González Doldán, Santiago Maquieira Mareque, Alfredo Molina Navaza e José Pacios Franco; pena de 20 anos de cadea para Basilisa Álvarez González; cárcere por 15 anos para Antonio Varela Peteiro e pena de prisión de 12 anos e un día para os irmáns: Jesús Peña Penelas e Manuel Peña Penelas.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña, puxérono en liberdade catro anos máis tarde e foi membro do comité clandestino da Confederación Rexional Galaica (CRG) desde finais de 1942.

Prendérono no ano 1947.

Despois de que o enxuizaran outra vez en Vigo (Pontevedra) o día 01/06/1948, condenárono a cinco anos de cadea, sendo liberado despois de pasar tres anos preso, onde se encargou da cociña.

En 1951, xa viúvo, exiliouse en Uruguai, onde permaneceu corenta anos e casou de novo.

Regresou a Ponferrada (León) no ano 1994, xa xubilado e outra vez viúvo.

Finou na Residencia Mixta de Maiores de Flores de Sil, Ponferrada.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha