← Volver atrás

Crespo Torres, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Miguel de Bendoiro, Lalín
(Pontevedra)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 02/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, sindicalista e político, 30 anos. Veciño de Bendoiro. Estivo emigrado en Bos Aires (República Arxentina). Nomeárono alguacil-porteiro do Concello de Lalín en 1934.

Ao volver da emigración foi vicepresidente da Sociedade Obreira de Donsión en 1931. Fundador da Sociedade Obreira La Democracia, de Bendoiro.

Na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 detivérono e encadeárono.

Executado.

Despois do golpe dos militares sublevados detivérono os rebeldes o día 23/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 18/11/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron e condenaron a cadea perpetua a: José Crespo Torres, funcionario; Jesús Golmar Rodríguez, mestre e xornalista, e Miguel Lamas Iglesias, xornaleiro.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

O 2 de decembro fusilaron ás 07:30 h, no quilómetro 1 da estrada a Campañó, as seguintes persoas: Ángel Cadavid Caamaño, médico; José-Gabriel Cespón Pazos, zapateiro; José Crespo Torres, funcionario Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre; José Prol Figueiro, mariñeiro; Manuel Puente Iglesias, funcionario, e Manuel Vázquez Cruz, mecánico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha