Nacemento:
Morte:
Avogado e diplomático, 42 anos. Casado con María del Carmen Vázquez Hermida; tiveron sete fillas e tres fillos: Carmen, Salvador, Margarita, Lourdes, Germán, Esther, Encarna, María-Josefa, Carlos e Marisa. Veciños da Avenida de Rubine, 45-1º, na Coruña. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1917. Tiña un cuantioso patrimonio familiar.
No ano 1924 comezou a súa andadura política coa oposición a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Traballou pola instauración da República ata 1930. Un dos fundadores da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA); despois incorporouse ao Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), fundando o Comité Local de Abegondo (A Coruña), os provinciais e o rexional. De 1932 a 1933 designárono gobernador civil de León. Ao escindirse o PRRS, sería un dos fundadores de Unión Republicana (UR).
Membro da loxa masónica coruñesa Pensamiento y Acción nº 11.
Encarcerado. Sancionado. Exiliado.
Cando se produce a sublevación militar detivérono os falanxistas o día 24/08/1936 e sometérono a arresto domiciliario. Sancionado cunha multa de 5000 pesetas. O día 11/12/1936 prendérono as milicias armadas Caballeros de La Coruña. O día 31/12/1936 consegue un permiso penitenciario, semella que pola mediación dun xesuíta amigo da familia, e pasou a Portugal.
Embarca camiño de Cuba no barco alemán Iberia, chegando á illa o día 16/01/1937 e alí vai comezar a súa andadura diplomática republicana da man de Félix Gordón Ordás, embaixador republicano en México e Cuba.
Secretario da embaixada da España republicana na Habana en marzo de 1937 e secretario da de México en xuño dese mesmo ano. Cónsul de Veracruz (México) desde agosto de 1937 ata agosto de 1938, desenvolvendo un importante papel no envío de armas para a República. Encargado de negocios na República Dominicana en 1938 e 1939. De 1940 a 1945 implicouse na organización da Alianza Nacional Galega (ANG), que chegou a contar con máis de 2000 afiliados. Embaixador en Guatemala en 1946 e 1947. Embaixador republicano en México de 1953 ata xaneiro de 1956.
En xaneiro de 1956 trasládase a París para ser ministro de Información, Propaganda e Arquivos no Goberno republicano no exilio, que preside o seu amigo desde a creación de UR, Félix Gordón Ordás.
Faleceu en París por mor dunha parada cardíaca logo dun cólico diabético.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.