← Volver atrás

Fernández Garaño, Nemesio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santander
(Cantabria)
- 01/01/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 05/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro marítimo, 51 anos. Veciño de Santander (Cantabria). Maiordomo da Mariña Mercante, tripulante do vapor republicano Genoveva Fierro.

Executado.

O barco mercante Genoveva Fierro facía a travesía de Santander a Valencia con 200 pasaxeiros; tamén transportaba munición para o exército republicano. A este mercante abordouno o destrutor franquista Velasco o día 03/09/1936 e conducírono ao porto de Ferrol.

Aos pasaxeiros deste mercante Jaime Bosch, Bautista Folch, Hipólito-Jesús Froufe Espinazo e Esteban Mayorga xulgáronos en Ferrol, condenáronos á pena de morte, executáronos o día 12/09/1936 e soterráronos no cemiterio de Canido, en Ferrol.

Tamén xulgaron en Ferrol varios membros da tripulación polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte e executados no Arsenal de Ferrol.

O día 5 de febreiro executaron a: Enrique Callealta Gutiérrez, 34 anos, mariñeiro, Nemesio Fernández Garaño, 52 anos, mordomo, e Eloy Gutiérrez Noriega, 41 anos, radiotelegrafista.

Neste procedemento absolveron e puxeron en liberdade a: José-Antonio Méndez Santamarina, 33 anos, mariñeiro e Julián Zulueta Iturregui, 1º oficial.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha