← Volver atrás

Fernández Pérez, José

Alcume: Pepe da Botica
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Ourense
- 12/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 11/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Dependente, sindicalista e político, 41 anos. Veciño de Ourense. Auxiliar de farmacia.

Membro da Agrupación de Dependencia Mercantil e Bancaria, da UXT, que presidiu en 1935. Membro da Agrupación Socialista (AS) de Ourense da que foi presidente en 1935 e secretario en 1936.

Concelleiro de Ourense en 1931 e deputado provincial con posterioridade.

Formou parte das loxas masónicas Jovellanos nº 1 de Oviedo (Principado de Asturias) e Triángulo Adelante nº 7 e Constancia nº 7 de Ourense.

Pertenceu ao Comité Revolucionario de Ourense durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Fuxido. Executado.

Ao producirse o golpe militar agachouse na casa dunha irmá ata que o capturaron o 20/02/1937.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 391/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias e Severino Nóvoa Gutiérrez; penas de 12 anos e un día para: Luis Acuña Novoa, Patricio Arce Susilla e José Pérez Gómez; ditaron auto de absolución para Ramiro Pérez Serrano e declararon fuxido a Luis Vidal.

Fusilado no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Fusilaron nese día a estas cinco persoas: José González Tesouro, Machadiña; José Fernández Pérez, Pepe da Botica; Severino Nóvoa Gutiérrez; Enrique Nanín Ansias e Gerardo Rodríguez Fernández, Gerinaldo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha