← Volver atrás

Fernández-Crespo Riego, María-Teresa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valladolid
- 23/06/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casada co médico e político Rafael de Vega Barrera; tiveron tres fillos e dúas fillas: Rafael, Luis, Santos, María-Teresa e María-Luz. O seu home estaba vencellado as loxas masónicas.

Rafael chegou ao vello hospital en 1916, traballou como cirurxián en Lugo, onde a miúdo operaba a xente humilde sen lles cobrar; director do novo Hospital Municipal de Santa María, de Lugo, que se inaugurou en 1930 e durante eses 15 anos de agarda polo novo hospital, tivo unha clínica privada e o seu propio sanatorio.

Rafael de Vega foi presidente da Organización Republicana luguesa no ano 1930 e o día 26/03/1930, no Pazo de Hermida, participou no coñecido como Pacto de Lestrobe, no que se acordou, entre as persoas reunidas na asemblea, a creación da Federación Republicana Galega (FRG).

Na cidade de Lugo o seu home proclamou a República desde o balcón da Casa do Concello e nas eleccións de 1931 ás Cortes Constituíntes elixírono deputado de Lugo polo Partido Republicano Radical (PRR), do que era o presidente; presidente de Unión Republicana (UR) no ano 1936 e compromisario por Lugo para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe militar o seu home organizou a resistencia contra os rebeldes en Lugo con José-María Díaz Díaz-Villamil e Jacinto Calvo López. A Rafael detivérono os militares facciosos, sufriu un simulacro de xuízo e fusilárono nas tapias do cemiterio de Lugo, con Perfecto Abelairas Castro, ás 18:00 h do día 21 de outubro de 1936.

Despois da súa execución e o embargo de todos os bens, a súa muller María-Teresa e os seus fillos marcharon vivir a León.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha