← Volver atrás

Fuentes Díaz, Cesáreo

Alcume: Cesáreo da Rula
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Xoán de Covas, Viveiro
(Lugo)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornaleiro e labrego, 20 anos. Veciño de Covas. Fillo de Ramona Fuentes Díaz, procesada por agochar os seus fillos. Irmán de Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón, guerrilleiro morto en 1946.

Fuxido. Encarcerado.

O día 24/06/1937 participou en Viveiro no fracasado intento de asalto da tarrafa Nuestra Señora de los Dolores co obxectivo de fuxir á zona republicana.

Participaron nesta tentativa, entre outros, os veciños de Viveiro: Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; o seu irmán Cesáreo Fuentes Díaz, Cesáreo da Rula; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Tamén tomou parte o veciño de Celeiro (Lugo) Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha