Nacemento:
Morte:
Avogado, xurista e político, 44 anos. Licenciado en Dereito en 1919 pola Universidade de Madrid, especializado no dereito penal; doutorouse no ano 1921.
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Madrid en xuño de 1919. Detido en 1929 pola súa participación nun movemento militar e civil en Murcia contra da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.
Foi un dos fundadores do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), un dos grupos que impulsaron o Pacto de San Sebastián en agosto de 1930. Esta participación levouno de novo ao cárcere ata a proclamación en 1931 da II República.
Coa II República nomeárono fiscal xeral. No ano 1932 deixou o PRRS e pasou ao Partido Republicano Radical Socialista Independente (PRRSI). En 1933 ingresou no PSOE, achegándose aos postulados de Francisco Largo Caballero. Despois das eleccións de 1936 foi deputado por Zamora nas listaxes de PSOE; o seu discurso radicalízase.
Tamén foi concelleiro de Madrid en 1931.
Colaborou con El Sol e La Voz en Madrid.
Exiliado.
Ao iniciarse a Guerra Civil Española pasou de Zamora a Portugal.
O día 19/07/1936 a Sebastián Pozas Perea designárono ministro de Gobernación no Goberno de José Giral Pereira e decreta a distribución de armamento entre os civís. O día 04/09/1936 substituíuno nesta carteira Ángel Galarza Gago, nun executivo que presidía Francisco Largo Caballero; Galarza viña de ser director xeral da Dirección Xeral de Seguridade desde o día 16/05/1931 e creara as seccións da Garda de Seguridade e Asalto e a de Vixiantes de Camiños. Mantívose na carteira de Gobernación de setembro de 1936 a maio de 1937.
Como ministro tomou medidas para que non se produciran os paseos, que o seu antecesor tiña permitido. A súa labor viuse manchada polas "Matanzas de Paracuellos", das que realmente non foi o responsable directo. O día 06/11/1937 trasládase co resto do Goberno a Valencia diante do acoso da capital polas forzas franquistas. Cesárono despois dos sucesos de maio de 1937 en Barcelona, que provocarían a caída do Goberno de Largo Caballero.
Ao remate da guerra civil exiliouse en México; chegou a Nuevo Laredo, Tamaulipas (México) o 31/05/1940.
Despois, en 1946, pasaría a residir en Francia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.