← Volver atrás

Gallego Camarero, Hipólito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado. Depurado

Nacemento:

Badaxoz
- 30/10/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mondariz
(Pontevedra)
- 04/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 38 anos. Casado con Josefa García Segret, tamén mestra, encarcerada. Veciños de San Pedro de Forcadela, Tomiño (Pontevedra). Mestre nacional, aprobou as oposicións de maxisterio en 1927. Mestre de San Mamede de Seavia, Coristanco (A Coruña), en 1927; de San Paio de Carreira, Ribeira (A Coruña), en 1929 e, desde 1930, de Forcadela.

Pertenceu á Sociedade Labrega de Forcadela. Militante da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) de Pontevedra.

No ano 1933 acusárono de abusos deshonestos e escándalo público, nunha campaña orquestrada polo cura Antonio Somé. Preso en Tui (Pontevedra), onde os seus veciños se manifestaron para solicitar a súa liberdade; xulgárono o día 12/05/1935 na Audiencia de Pontevedra co resultado de sentenza de absolución.

Colaborador de El Nuevo Heraldo da Guarda (Pontevedra).

Fuxido. Paseado. Depurado.

Cando se produce o golpe de Estado foi un dos dirixentes da resistencia armada na comarca de Tui e, ao seren derrotados, foxe ao monte.

Capturado polos franquistas e torturado no cárcere de Tui.

O día 4 de outubro seguinte os falanxistas sacárono da cadea e asasinárono nun traslado, preto de Mondariz, ás 06:00 h.

Nesa data e lugar pasearon a: Hipólito Gallego Camarero, mestre; Domingo Páramos Núñez, ferreiro; Manuel Pérez Besada, político; Manuel Piñeiro Zúñiga, industrial; Francisco Rodríguez Otero, farmacéutico, e Fernando Rubio Estévez, político.

A Hipólito martirizárono antes e despois da súa execución. Os corpos dos seis asasinados guindáronos na vía pública, na entrada de Mondariz.

Os franquistas depurárono como mestre.

Á súa dona Josefa prendérona o día 15/08/1936 e pasou un calvario de penalidades.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1957.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha