Nacemento:
Morte:
Xurisconsulto e político, 76 anos. Casou con María-Victoria Montero-Ríos; tiveron dúas fillas: Avelina e María-Victoria. Licenciado en Dereito.
Deputado polo Partido Liberal (PL) en 1887, permanecendo con escano durante 20 anos por Santiago de Compostela (A Coruña). En 1905 foi ministro de Gobernación, no mesmo ano ministro de Gracia e Xustiza, en 1906 de Fomento e en 1910 de Estado. Despois do asasinato de José Canalejas Méndez, en novembro de 1912, ocupou de xeito interino a presidencia do Goberno.
Despois da división dentro do PL, liderou o Partido Liberal Democrático (PLD). Presidente do Senado entre 1916 e 1918. En abril de 1917 formou o seu primeiro Goberno e dimitiu en xuño. Neste ano 1917 faise co control do PL e en novembro volta á presidencia do gabinete. A súa política dereitista vai provocar a aparición de Esquerda Liberal (EL). En marzo de 1918 dimite da súa segunda etapa ao fronte do Consello de Ministros. Logo da crise que provocou a epidemia de gripe (que afectou ao 20% da poboación), volve para formar o seu terceiro Goberno, que só se mantén ata decembro de 1918.
Membro do consello de administración de varias entidades bancarias. Decano do Colexio de Avogados de Madrid.
Cando se produce o desastre de Annual (Marrocos), en decembro de 1922, forma o que sería o último Goberno constitucional da monarquía. Neste Goberno encargouse do Ministerio de Traballo Joaquín Chapaprieta Torregrosa. O rei Alfonso XIII non era simpatizante do acceso dos liberais ao poder e a convivencia coroa-goberno complicouse.
Cando en setembro de 1923 se produce en Barcelona a rebelión de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, o rei rechazou a proposta de García Prieto de castigar os rebeldes; máis aínda, chamou a Primo de Rivera a Madrid e permitiulle que instaurase o Directorio Militar.
Na ditadura de Primo de Rivera mantívose afastado da política, facendo unha tímida oposición ao Réxime. Ao longo da presidencia de Goberno de Juan Bautista Aznar-Cabañas ocupou a carteira de Xustiza e Culto. Logo da proclamación da II República retirouse da vida pública.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.