← Volver atrás

González Arias, Alida

Alcume: a Penca
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Encarcerada

Nacemento:

Salas de los Barrios, Ponferrada
(León)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ponferrada
- 01/01/2006 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 21 anos. Casada co militante da UXT José Losada Yáñez; tiveron un fillo: Esteban, e dúas fillas. Veciña de Manuel Girón Bazán, amigo do seu home.

Fuxida. Encarcerada.

Despois do golpe fascista do 36 o seu home fuxiu ao monte para evitar que o pasearan como fixeran con moitos dos seus compañeiros.

Alida colaborou como enlace da guerrilla, ocultou ao seu home e facilitáballe comida, roupa e cartuchos pois era bo cazador. Detida cando lle levaba comida a José, internárona no campo de concentración de San Marcos (León).

Xulgada polo Tribunal Militar Territorial de León, na praza de Ponferrada, na causa 740/37, condenárona a trinta anos de cadea e, finalmente, desterrárona a Cantalapiedra (Salamanca), onde o día 27/04/1939 soubo da morte do home a mans da Garda Civil e dos falanxistas.

Volveu a Salas para converterse nunha das enlaces máis activas da guerrilla. En 1945 aparece na listaxe encontrada pola Garda Civil na casa de Columbrianos, Ponferrada (León) e que serviu para deter a máis de medio milleiro de persoas acusadas de colaborar coa loita armada dos homes do monte. O cura de Vilar, Emilio Villanueva, aconsellouna que fuxira.

Xulgada polo Tribunal Militar Territorial de León na causa 286/45.

Refuxiada na Cidade da Selva.

Únese ao grupo de Manuel Girón Bazán, Girón; moitos chamábanlle a súa querida, pero ela era moi independente. Cando asasinaron a Manuel Girón acusárona de delatalo; todo serían mentiras que argallou interesadamente o comandante da Garda Civil Miguel Arricivita Vidondo (que aínda hoxe e fillo predilecto de Ponferrada).

Xulgada en consello de guerra no ano 1951 e encarcerada.

Rematou encerrada nun hospital psiquiátrico en Madrid.

Alida con estas interesadas mentiras recibiu o rechazo dos que decidiron crer na versión de Arricivita.

Despois traballou dez anos en Suíza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha