Nacemento:
Morte:
Tapiceiro e político. Casou en marzo de 1921 en Santiago de Compostela (A Coruña) con Rosalía Génova Freire; tiveron tres fillas e un fillo. Veciños de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Viviu algúns anos en Santiago de Compostela e traballou como tapiceiro do Teatro Cervantes.
Militante do PCE. Nos anos da II República instalouse coa súa familia en Vilagarcía de Arousa, onde activou o PCE coa colaboración de José-Fernando Fernández Vázquez.
En 1934 prendérono por excitación á rebelión e en 1935 multárono con 150 pesetas por distribución de follas clandestinas.
Ao longo da campaña electoral de febreiro de 1936 participou en varios mitins da Fronte Popular (FP).
Paseado.
Cando de produce o golpe rebelde foi vogal do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP), en representación do PCE e despois estivo recollido no seu domicilio. O día 24/07/1936 detiveron á súa dona e el foxe coa súa filla Teresa ata San Salvador de Setecoros, Valga (Pontevedra), onde os acolle o cura Santiago Garrido Álvarez.
Permaneceu en Setecoros ata o día 03/08/1936 cando marchou a San Pedro de Lantaño, Portas (Pontevedra) para ver aos seus fillos. Nesta localidade prendeuno a Garda Cívica o día 7 de agosto e entregárono á Garda Civil.
Na noite do 8 de outubro de 1936 a Garda Civil preséntase na cadea de Lalín (Pontevedra) para recoller a Manuel Guillán Abalo e a Jesús Froiz Gómez, co pretexto de trasladalos á cadea de Caldas de Reis (Pontevedra). Os mesmos gardas pasan logo a Silleda (Pontevedra) e recollen a Ramón Muíños Lorenzo. Con estes presos diríxense á Estrada.
Esa mesma noite do 8 de outubro, outro grupo da Garda Civil saca da Prisión Provincial de Pontevedra, coa desculpa de levalos á prisión da Estrada, a Severino García Teijeiro, a José-Domingo González Boullosa e a Juan Bacariza Sánchez.
As dúas macabras expedicións xúntanse na Ponte do Regueiro, preto da Estrada, onde asasinaron aos seis conducidos, entre as 04:00 e as 05:00 h do día 09/10/1936. Os gardas que fixeron os disparos serían o corneta Casimiro Álvarez Rincón e o garda segundo Agustín López Ferreiro. O chofer do coche de Pontevedra era o garda Alejandro Pérez González. Non sorprende que a xustificación dos axustizamentos sexa a aplicación da Lei de Fugas. Os corpos soterráronos no cemiterio da Estrada.
Morte rexistrada na Ponte do Regueiro.
Neste mesmo lugar e data asasinaron a: Juan Bacariza Sánchez; Jesús Froiz Gómez, xornalista; Severino García Teijeiro, practicante; José-Domingo González Boullosa, tapiceiro; Manuel Guillán Abalo, mestre, e Ramón Muíños Lorenzo, obreiro.
O comandante da Garda Civil, Joaquín Velarde Velarde, xustificou a morte destas seis persoas, como non, polo consabido “intento de fuga en el traslado”.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.