Nacemento:
Morte:
Militar. Casado con Providencia Guerra-Mondragón. Mariño da Armada, era capitán de navío no ano 1936. Foi comandante do canoneiro Laya e tamén do destrutor Churrruca.
Golpista.
Desenvolveu o cargo de director xeral de Aeronáutica.
Despois do triunfo da revolta militar en Ferrol (A Coruña), os sediciosos xulgaron e condenaron a morte ao almirante Antonio Azarola Gresillón; o auditor deste xuízo sería José García-Rendueles Gutiérrez, capitán de navío, e o fiscal o coronel auditor Luciano Conde-Pumpido Tourón; a defensa correspondeulle ao capitán de navío Pablo Hermida Seselles, que acabou detido e pasado á reserva, acusado de desafecto ao Movimiento. No seu proceso solo Indalecio Núñez Quijano e Ricardo Morales Díaz semella que testemuñan que Azarola só cumpría co seu deber, contrario á declaración do estado de guerra; ambos serían despois relegados dos seus mandos.
Ao tenente coronel de máquinas do acoirazado Jaime I, Benito Sacaluga Rodríguez, prendérono e xulgárono os fascistas nun consello de guerra sumarísimo en Cartagena (Murcia), o día 29/04/1939, polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 4/39, co resultado de sentenza á pena de morte. Pablo Hermida Seselles foi vogal deste consello de guerra.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.