Nacemento:
Morte:
Tiña 25 anos. Casada co anarquista José Alonso Martínez, Pepe o Negro, detido e executado en agosto de 1936; tiñan unha nena de meses: Eulalia. Veciños de San Mamede de Guillarei, Tui. Filla de Enrique Jaso Paz, executado, e irmá de Enrique Jaso González, paseado.
Executada.
Despois dos asasinatos do seu home, do seu pai e do seu irmán, Evangelina converteuse en apoio para os fuxidos antifranquistas.
Na Semana Santa do ano 1937, no mes de abril, tiña acubillado na súa casa de Tui a tres veciños do Porriño: Eduardo Fernández Miniño, o seu irmán Rogelio Fernández Miniño e o sobriño de Eduardo, Herminio Saavedra.
Sospeitando de Evangelina, un día ao amencer, os falanxistas rodearon a súa casa e os agochados tentaron fuxir; Eduardo e Rogelio conseguiron escapar da redada; a Herminio, que torcera un pé, e a Evangelina capturáronos.
Xulgada en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.
A Evangelina e a Herminio executáronos na Alameda de Tui.
A Eduardo e a Rogelio Fernández asasináronos meses despois.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.