Nacemento:
Morte:
Médico, escritor, profesor e político, 31 anos. Casado. Veciño de Lugo. Orfo de pai aos nove anos. Estudou Maxisterio e Medicina en Madrid, Valladolid e Santiago de Compostela. Estableceuse como médico en Lugo no ano 1933. Tivo como secretario persoal a Perfecto Abelairas Castro, executado.
Con outros intelectuais fundou en 1931 o Ateneo Popular de Lugo, do que foi o primeiro secretario. Organizou Acción Republicana (AR), secretario do Comité Provincial de Esquerda Republicana (ER) e alcalde de Lugo despois das eleccións de febreiro de 1936, integrado na Fronte Popular (FP), ata xullo dese ano.
Promotor da revista Guión y Yunque.
Encarcerado. Sancionado.
Despois do golpe dos militares rebeldes os falanxistas prendérono o día 24 de xullo por orde do xefe provincial de Falanxe Mario-Benito-Nicolás González Zaera. Ingresárono no Cuartel de San Fernando e, despois, na Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Lugo os días 13 e 14/10/1936 polo delito de traizón, na causa 330/36, co resultado de sentenza á pena de morte e multa mancomunada de 1.500.000 pesetas segundo resolución do 17/10/1936.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Perfecto Abelairas Castro, Antonio Castedo Rubinos, Ramón García Núñez, Francisco Lamas López, Ángel Pérez López, José Ramos López e Rafael de Vega Barrera. Francisco Lamas e Antonio Castedo libráronse de ser fusilados.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Lugo pola de cadea perpetua.
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 26/12/1936, ingresando o 28.
Interno na Prisión Central de Pamplona, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 351 do día 16/12/1940.
Ao saír do cárcere trasladouse a Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), onde exerceu de profesor e de médico privado desde 1941; en xaneiro de 1946 marchou a Madrid e deu clases no Instituto Cajal, na Facultade de Medicina e na Escola de Terapia Ocupacional.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.