← Volver atrás

López Acea, Máximo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Martiño de Churío, Irixoa
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 29 anos. Veciño de Churío. Fillo de Ramón López Amado, executado. Irmán de Obdulio López Acea, executado, de Ricardo López Acea, executado, de Francisco López Acea, encarcerado e de José López Acea, encarcerado.

Afiliado do Sindicato de Campesiños e Oficios Varios de Irixoa, da CNT.

Arrestárono en xaneiro de 1934 pola súa participación no intento insurreccional libertario de decembro do ano 1933.

Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Executado.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1135/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os franquistas na Punta Herminia da Coruña co seu pai e os seus irmáns Obdulio e Ricardo.

Soterrárono o día 9 de decembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barbeito Espiñeira, Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Obdulio López Acea, Ricardo López Acea, Ramón López Amado, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago, Perfecto Trasmonte Costa e Antonio Varela Sanjurjo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha