Nacemento:
Morte:
Electricista, 26 anos. Casado con Dominga Atán; tiñan dúas fillas: María-Teresa (cinco anos) e Olga (catro anos), esperaban o terceiro. Veciños de Cee. Empregado na fábrica de Carburos Metálicos de Brens, Cee.
Militante da UXT.
Executado.
Participou na reunión de militantes das esquerdas do día 18/07/1936 en Cee para organizar a resposta aos golpistas. Alí acoden: Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Vicente Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte Costa, entre outras persoas. Foi o principal orador do mitin que se organizou a continuación.
O día 19 de xullo unha columna sae cara á Coruña. O día 25 de xullo teñen enfrontamentos coa Garda Civil e morre o garda municipal de Cee Pedro Ozón, Comán. Fora o principal orador do mitin do día 18 de xullo.
Presentouse ás novas autoridades fascistas o día 23 de agosto de 1936 e arrestárono.
O entón xefe da fábrica de Brens, o italiano Eduardo Garrone de Cristófaris, delatouno xunto con outros compañeiros, en sucesivas declaracións e informes diante dos rebeldes como persoas "indesexables", "perigosas", "revolucionarias", "exaltados" e "marxistas", polo simple feito do seu compromiso e pensamento político e sindical. Acusounos de liderar unha folga de operarios organizada o día 21/07/1936, en contra do golpe militar e en defensa da propia factoría e do pobo de Cee.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1112/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 21/08/1936.
No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.
Fusilárono os golpistas na Polvoreira de Durmideiras, preto de Punta Herminia, na Coruña, ás 07:00 h (no Campo da Rata?). Pasado polas armas.
Este día fusilaron os seguintes uxetistas de Cee e empregados da Fábrica de Carburos Metálicos, condenados á pena de morte neste xuízo: Florentino Canosa Barreiro, mecánico; Jesús Chouza Figueiras, Gorrión, latoeiro; Manuel García Castiñeira, Moledo, mecánico; José Lago Fernández, Granado; Domingo López Domínguez, carpinteiro; Teófilo Mejuto Leis, chofer; Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa, Tribolín, electricista.
Soterrárono o día 9 de decembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barbeito Espiñeira, Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Máximo López Acea, Obdulio López Acea, Ricardo López Acea, Ramón López Amado, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Antonio Varela Sanjurjo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.