← Volver atrás

Blanco Fiuza, Victoriano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Brens, Cee
(A Coruña)

Morte:

Santa Comba
(A Coruña)

Biografía

Veciño de Cee.

Militante da UXT.

Fuxido. Paseado.

Participou na folga que se declarou en Cee diante do golpe militar e obedecendo as ordes do gobernador civil da Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1112/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 21/08/1936.

No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.

Estivo agochado nun forno nunha casa de Brens e, logo, foxe e ocultouse no monte Pindo, Carnota (A Coruña), ata que o delataron.

Capturado polos rebeldes, torturárono, mallárono e paseárono en Santa Comba; apareceu nunha cuneta cribado a tiros.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha