Nacemento:
Morte:
Obreiro, 52 anos. Casado con Manuela Lago López; tiñan tres fillos. Veciños da rúa Fornelo, en Cee (A Coruña).
Tesoureiro da Sociedade de Oficios Varios de Cee, da UXT.
Encarcerado.
Despois do golpe militar participou na folga xeral en Cee, que auspiciara o gobernador civil Francisco Pérez Carballo para manter a legalidade fronte aos rebeldes.
Prendérono o día 20 de agosto de 1936 con Norberto Recamán Lago, despois de pasar un mes no monte e presentarse diante das novas autoridades.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1112/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 21/08/1936.
No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 06/02/1937.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña e concédeselle a prisión atenuada o día 07/08/1940.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.