← Volver atrás

López Domínguez, Domingo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Porto do Son
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e sindicalista, 29 anos. Solteiro. Veciño de Cee (A Coruña). Empregado na Fábrica de Carburos Metálicos de Brens, Cee.

Secretario da Sociedade de Oficios Varios de Cee, vencellada á UXT.

Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Executado.

Despois do golpe militar decretaron a folga xeral en Cee, que auspiciara o gobernador civil Francisco Pérez Carballo para manter a legalidade fronte aos rebeldes.

O día 2 de agosto prendérono no seu domicilio forzas da Garda Civil, que mandaba o sarxento José Pérez Durán.

O entón xefe da fábrica de Brens, o italiano Eduardo Garrone de Cristófaris, identificouno xunto con outros compañeiros, en sucesivas declaracións e informes diante dos rebeldes, como persoas "indesexables", "perigosas", "revolucionarias", "exaltados" e "marxistas", polo simple feito do seu compromiso e pensamento político e sindical. Acusounos de liderar unha folga de operarios organizada o día 21/07/1936 en contra do golpe militar e en defensa da propia factoría e do pobo de Cee.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1112/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 21/08/1936.

No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.

Fusilado na Polvoreira de Durmideiras, preto de Punta Herminia, na Coruña, ás 07:00 h (no Campo da Rata?), pasado polas armas.

Este día fusilaron os seguintes uxetistas de Cee e empregados da Fábrica de Carburos Metálicos, condenados á pena de morte neste xuízo: Florentino Canosa Barreiro, mecánico; Jesús Chouza Figueiras, Gorrión, latoeiro; Manuel García Castiñeira, Moledo, mecánico; José Lago Fernández, Granado; Domingo López Domínguez, carpinteiro; Teófilo Mejuto Leis, chofer; Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa, Tribolín, electricista.

Soterrárono o día 9 de decembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barbeito Espiñeira, Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Máximo López Acea, Obdulio López Acea, Ricardo López Acea, Ramón López Amado, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago, Perfecto Trasmonte Costa e Antonio Varela Sanjurjo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.