Nacemento:
Morte:
Enxeñeiro industrial, 55 anos. Casou con Fannucia Ollino Corradi, Fanny (Italia); tiveron dous fillos e unha filla: Pierre (+1936), Amalia-Renata-Marcela e Gastón. Veciños de Cee. Chegou a Cee nos anos vinte cando o designaron director da Fábrica de Carburos Metálicos de Brens, Cee. Home falangueiro e de moitas relacións e propostas sociais na vila céense. En decembro de 1930 nomeárono fillo adoptivo de Cee. Conselleiro delegado de Electra del Jallas. Vicecónsul de Suecia en Corcubión.
Durante o goberno republicano designárono, en marzo de 1932, vogal suplente do Xurado Mixto de Auga, Gas e Electricidade da Coruña.
Colaboracionista.
Afiliado de Falanxe Española Tradicionalista e das JONS (FET-JONS), da que foi un activo e entusiasta militante. Fixo moitas doazóns para os golpistas.
Coa sublevación mostrou a súa verdadeira cara e amosouse ao lados dos sublevados. Eduardo Garrone delatou a traballadores da fábrica, en sucesivas declaracións e informes diante dos rebeldes como persoas "indesexables", "perigosas", "revolucionarias", "exaltados" e "marxistas", polo simple feito do seu compromiso e pensamento político e sindical. Acusounos de liderar unha folga de operarios, organizada o día 21/07/1936, en contra do golpe militar e en defensa da propia factoría e do pobo de Cee.
Xulgaron a estes traballadores en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1112/36, co resultado de sentenza á pena de morte, segundo resolución do día 21/08/1936.
No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.
Executaron na Coruña a: Teófilo Mejuto Leis, Florentino Canosa Barreiro, Norberto Recamán Lago, José Lago Fernández, Perfecto Trasmonte Costa, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira e Domingo López Domínguez.
Liquidados polo mero feito de defender as súas ideas e de loitar polos dereitos humanos básicos.
Garrone morreu en xaneiro de 1938 por mor dunha gripe e de broncopneumonía, case que sen tempo de sufrir remordementos e cargos de conciencia polos feitos nos que se involucrara.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.