Nacemento:
Morte:
Chofer, 23 anos. Solteiro. Veciño de Cee. Irmán de Teófilo Mejuto Leis, fusilado.
Encarcerado. Sancionado. Morte en enfrontamento.
Participou na reunión do día 18/07/1936 en Cee para facer fronte aos golpistas. Alí acoden: Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Vicente Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte Costa, entre outras persoas. O día 19 de xullo unha columna sae cara á Coruña na defensa da República. O día 25 de xullo teñen enfrontamentos coa Garda Civil e morre o garda municipal de Cee Pedro Ozón, Comán.
Prendérono os franquistas co seu pai o día 9 de decembro de 1936, cando estaban agochados no sobrado da súa casa.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña o día 04/02/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1112/36, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión e inhabilitación absoluta segundo resolución do día 21/08/1936.
No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.
Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal o día 19/06/1937. Morte rexistrada nesta cadea como consecuencia do intento de fuga masiva do día 22/05/1938.
Morre asasinado, despois da fuga, en Esteríbar (Navarra) en loita coa forza pública franquista (así consta no seu certificado de defunción).
Soterrárono unha fosa común en Berriozar (Navarra).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.