← Volver atrás

Mejuto Leis, Teófilo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Cee
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e político, 27 anos. Solteiro. Veciño de Corcubión (A Coruña). Empregado na Fábrica de Carburos Metálicos de Brens, Cee. Irmán de Vicente Mejuto Leis, encarcerado e morto en enfrontamento.

Militante da UXT e de Esquerda Republicana (ER) en Cee.

Apoderado da candidatura da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Executado.

Participou na reunión do día 18/07/1936 en Cee para facer fronte aos golpistas. Alí acoden: Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Vicente Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte Costa, entre outras persoas. O día 19 de xullo unha columna sae cara á Coruña na defensa da República, entre eles Teófilo, quen quedou na cidade herculina. Acusárono de participar na defensa do Goberno Civil.

O entón xefe da fábrica de Brens, o italiano Eduardo Garrone de Cristófaris, delatouno xunto con outros compañeiros en sucesivas declaracións e informes diante dos rebeldes como persoas "indesexables", "perigosas", "revolucionarias", "exaltados" e "marxistas", polo simple feito do seu compromiso e pensamento político e sindical. Acusounos de liderar unha folga de operarios, organizada o día 21/07/1936, en contra do golpe militar e en defensa da propia factoría e do pobo de Cee.

Detido na Coruña polos gardas civís do posto de Cee Eduardo Vizcarra Cabero e Antonio Gómez Carballeda, aos que enviara á cidade herculina o sarxento José Pérez Durán. Ingresárono na Prisión Provincial da Coruña o día 02/08/1936.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1112/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 21/08/1936.

No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.

Fusilado na Polvoreira de Durmideiras, preto de Punta Herminia, na Coruña, ás 07:00 h (no Campo da Rata?). Pasado polas armas.

Este día fusilaron os seguintes uxetistas de Cee e empregados da Fábrica de Carburos Metálicos, condenados á pena de morte neste xuízo: Florentino Canosa Barreiro, mecánico; Jesús Chouza Figueiras, Gorrión, latoeiro; Manuel García Castiñeira, Moledo, mecánico; José Lago Fernández, Granado; Domingo López Domínguez, carpinteiro; Teófilo Mejuto Leis, chofer; Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa, Tribolín, electricista.

Soterrárono o día 9 de decembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barbeito Espiñeira, Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Máximo López Acea, Obdulio López Acea, Ricardo López Acea, Ramón López Amado, Domingo López Domínguez, Norberto Recamán Lago, Perfecto Trasmonte Costa e Antonio Varela Sanjurjo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.