← Volver atrás

López Bodelo, Pedro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Boimorto
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Político. Veciño de Boimorto.

Presidente do Sindicato Labrego de Boimorto e os seus Contornos.

Militante do PSOE. Na II República elixírono alcalde de Boimorto polo PSOE en 1931 e 1932; destituído despois da revolución de outubro de 1934. Volvía ser alcalde no ano 1936, tamén polo PSOE, cando se produciu o golpe militar.

Tiña como compañeiros na Corporación de Boimorto de 1936, entre outras persoas, a: José Cabanas Vázquez, encarcerado; José Tojo García, asasinado; Ramón Vázquez Garea, asasinado; Manuel Espiñeira López, asasinado; Antonio Felpete Budiño, asasinado; José Barreiro Pérez, asasinado; Juan Martínez Bao, asasinado; Ramón Enjamio Pombo, asasinado; Ramón Sánchez Rapela, asasinado.

Fuxido. Encarcerado.

Tras o golpe sedicioso andou en fuga e agochado ata o ano 1941 con Manuel Sánchez de Valente.

Entrou na lista dos 17 de Emilio Freire, cura de San Miguel de Boimil e de San Martiño de Andavao, as dúas en Boimorto. Convocado polos falanxistas á reunión preto da escola da Gándara, Santiago de Boimorto, Boimorto. Non se presentou.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de auxilio á rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas en xuño de 1938.

Entrégase aos fascistas no cuartel de Sobrado dos Monxes (A Coruña) en xaneiro de 1941.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a oito anos de prisión.

Ingresárono na Prisión Provincial da Coruña e publicaron a súa liberdade condicional provisoria, cando permanecía nesta cadea, no BOE nº 7 do día 07/01/1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha