Nacemento:
Morte:
Garda civil. Garda segundo da Garda Civil.
Represor.
Na noite do 8 de outubro de 1936 a Garda Civil preséntase na cadea de Lalín (Pontevedra) para recoller a Manuel Guillán Abalo e a Jesús Froiz Gómez, co pretexto de trasladalos á cadea de Caldas de Reis (Pontevedra). Os mesmos gardas pasan logo a Silleda (Pontevedra) e recollen a Ramón Muíños Lorenzo. Con estes presos diríxense á Estrada.
Esa mesma noite do 8 de outubro, outro grupo da Garda Civil saca da Prisión Provincial de Pontevedra, coa desculpa de levalos á prisión da Estrada, a Severino García Teijeiro, a José-Domingo González Boullosa e a Juan Bacariza Sánchez.
As dúas expedicións xúntanse na Ponte do Regueiro, á entrada da Estrada, e asasinaron aos seis conducidos, entre as 04:00 e as 05:00 h do día 09/10/1936. Os gardas que fixeron os disparos serían o corneta Casimiro Álvarez Rincón e o garda segundo Agustín López Ferreiro. O chofer do coche de Pontevedra era o garda Alejandro Pérez González. Non sorprende que a xustificación dos axustizamentos sexa a aplicación da Lei de Fugas. Os corpos soterráronos no cemiterio da Estrada.
Neste mesmo lugar e data asasinaron a: Juan Bacariza Sánchez; Jesús Froiz Gómez, xornalista; Severino García Teijeiro, practicante; José-Domingo González Boullosa, tapiceiro; Manuel Guillán Abalo, mestre, e Ramón Muíños Lorenzo, obreiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.