← Volver atrás

López Verdes, Ermitas

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

San Pedro Fiz de Robra, Outeiro de Rei
(Lugo)
- 24/07/1967 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestra e escritora. Casada co avogado, funcionario, escritor e político Luis Peña Novo; pais do médico Luis Peña López. Veciños de Lugo.

No ano 1918 pertencía á sección feminina das Irmandades da Fala da Coruña, da que foi tesoureira. O seu home era das irmandades desde 1916.

En 1933 integrouse na Agrupación Republicana Feminina.

Luis Pena sería o primeiro concelleiro electo do Partido Galeguista (PG); nas eleccións do 08/02/1920 elixírono concelleiro da Coruña na candidatura nacionalista; mantivo este cargo ata 1923, cando se proclama a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja; participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes.

Durante a II República a Luis elixírono deputado por Lugo en 1931; foi membro da comisión redactora do proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) pola Federación Republicana Galega (FRG), gobernador civil de Cáceres, Sevilla e Valencia e gobernador xeral de Estremadura; vicepresidente de Unión Republicana (UR) no ano 1936, compromisario para a elección de Manuel Azaña Díaz como presidente da República

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe de Estado o seu home era secretario do Concello de Lugo, prendérono os golpistas, ingresárono en cadeas, deportárono e separárono do servizo con suspensión de emprego e soldo; deixou a vida política e adicouse a exercer a avogacía na súa terra.

No ano 1962 trasladáronse a Madrid, onde vivía o seu fillo; nun retorno a Vilalba desde a capital finou, coa súa parella, nun accidente de tráfico na Robra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha